Alfonso Blanco / Produción

Alfonso Blanco

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Alfonso Blanco
Alfonso Blanco
Produción
Nome completo: Alfonso Blanco Bembibre
Freixido (Ourense) 1970   



Director xeral da emprea Portocabo, ten unha ampla experiencia laboral en cine e TV. Anteriormente fora director de produción de Voz Audiovisual durante cinco anos. Tén traballado para canles como Sky Italia, TV3, TV Canarias ou a TVG. O seu traballo céntrase en teleseries de ficción e programas para a pequena pantalla, especialmente de música. Comezara profesionalmente producindo curtametraxes en 1997 (“Nor-Noroeste”, “Efecto Doppler” e “O Documento”). Tamén exerceu de profesor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual de La Voz de Galicia, participou en diversos informes e colaborou con varios medios de comunicación.

Formación específica: Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo. Titulado en Marketing e Publicidade pola Universidade de Toulon-Var (Francia). Técnico Superior en Produción de Cine, TV e Espectáculos pola EIS da Coruña. Diversos seminarios “Cero en Conducta” coordinados pola EIS e o CGAI.

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Alfonso Blanco (12)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org